Rangos de portos e tipos: reservados, rexistrados, ben coñecidos, dinámicos…

Os portos serven para poder establecer varias conexións de forma simultánea. Pódese dicir que os portos identifican as aplicacións que imos usar.

Supoñamos que temos un servidor ao que queremos acceder, ese servidor manexa diferentes servizos: un para web e outro para o correo electrónico.

Solicitando o recurso web e de correo electrónico dende o equipo cliente
Resposta do servidor ao cliente para acceder á web e ao correo electrónico
Rango de PortosTipo
0-1023Ben coñecidos: usados polo sistema
1024 – 49151Rexistrados\reservados: por empresas asignados pola IANA
49152 – 65535 Dinámicos\Privados\Efímeros.

Os portos orixe usan o rango de 49152 a 65535

Os portos destino: o servizo solicitado no destino

Que son os metadatos e como modificalos

MetaShield_Analyzer

Según a Wikpedia, os metadatos son datos que describen outros datos. Por tanto, o termo non ten un significado único. Dependerá no contexto ao que nos refiramos, aínda que sempre cunha mesma base.

Se falamos dos metadatos dunha foto, estaríamos a referinos sobre aquela información que o usuario, sendo coñecediro ou non, deixa sobre esa foto. Por exemplo: a data de creación, modificación, a localización, as caraterísticas técnicas da foto, o propietario, con que sistema operativo se editou…

Se falásemos dun documento .word, falaríamos tamén da data de modificación e creación, usuario dun sistema operativo que o creou ou modificou

A importancia dos metadatos

Quizais non nos pareza demasiado relevante, pero se temos en conta que cando subimos a internet unha foto que contén unha serie de metadatos, calquera persoa podería saber a posición GPS da foto -no caso de que a conteña- etc.

Nunha empresa aínda sería máis grave, porque poderían filtrarse documentos e ademais obter información sobre quen os creou.

Obter metadatos

Existen varias ferramentas para obter metadatos, xa sexan mediante instalación no noso sistema operativo ou a través de navegador.

En linux existe ExifTool (podedes aprender a usalo neste titorial)

Ferramenta online para analizar metadatos

Artículo en eldiario.es falando dos metadatos