Tipos de máquinas virtuais e técnicas de virtualización

Cousas que hai que saber: anfitrión e invitado

-Anfitrión: sistema de virtualización

-Invitado ou hóspede: sistema que imos a virtualizar

Explicando a paravirtualización

Os sistemas operativos necesitan executarse no Ring 0 para poder ter os máximos privilexios e levar a cabo tarefas básicas, recordemos que os usuarios execútanse no Ring 3, que é a que ten menos privilexios.

Polo tanto, cando virtualizamos un sistema, este atópase no Ring 1 e necesita poder traballar no Ring 0, isto conseguímolo usando a paravirtualización, unha técnica que permite comunicarse directamente co Kernel. Pero para que isto sexa posible, ademais os procesador xa sexan de Intel ou de AMD, teñen que incorporar unha extensión propia, no caso de Intel é Intel-VT e no con AMD AMD-V.

Tipos de virtualización:

Emulación de hardware ou non nativa

Pensada para emular un tipo de hardware diferente ao da máquina física. Para entendelo mellor imos poñer un exemplo: se queremos correr unha aplicación feita para outro tipo de arquitectura (diferente a nosa), non chega con “virtualizar” xa non que é compatible, primeiro necesitamos emular a arquitectura e despois virtualizamos. A Máquina Virtual de Java (JVM) ou da plataforma de Microsoft .NET, entre outras son exemplos deste tipo de virtualización.

Virtualización completa de hardware ou nativa

A máquina virtual vai poder executar calquera sistema operativo que poda executarse coa arquitectura que ten a máquina real. Ou sexa, imos poder virtualizar diferentes sistemas operativos que poderían instalarse tamén na propia máquina. Teñen que ser por tanto compatibles. Un PC cunha arquitectura x86 podemos instalar Windows, Linux, Unix, Mac OS… pero non poderíamos correr un sistema IBM AIX por ser incompatible.

Tipos de máquinas virtuais

Existen dous tipos principais: de sistema/hardware e de proceso

Máquinas virtuais de sistema ou hardware

Divididas a súa vez en tipo 1 e tipo 2. A diferencia reside onde instalamos o hipervisor, que será quen faga de anfitrión, no tipo 1 atópase nunha capa por encima do hardware, como sería o caso do VMware vSphere ESXi que estaría correndo por exemplo nun USB conectado ao equipo, onde non hai ningún SO instalado. No tipo 2 instalaremos o hipervisor no Sistema Operativo que xa temos instalado.

Máquina virtual de Tipo 1 e Máquina virtual de Tipo 2

Máquinas virtuais de proceso

Este tipo de máquinas entrarían dentro da emulación de hardware non nativa, como son .NET ou a JVM. O obxecto é executarse como un proceso baixo un SO e ofrecer un ambiente de execución illado do hardware e do sistema.

Deixar un comentario