O Proxecto Mono: GNU/Linux no entorno .NET

O Proxecto Mono foi fundado polo creador de Gnome para crear compatibilidade entre sistemas GNU/Linux e .NET, deste xeito por poñer un exemplo, poderíamos desenvolver unha aplicación en C# desde Ubuntu.

Mono foi impulsado pola empresa Novell (despois da adquisición de Ximian), onde traballa Miguel de Icaza, fundador de Gnome.

Principais características do proxecto:

  • Proxecto independente da plataforma, funciona en GNU/Linux, Windows, UNIX, Mac OS X, Solaris, OpenBSD e FreeBSD.
  • Linguaxes que usa: C#, Visual Basic, Java e Python.
  • Unha Infraestrutura de Linguaxe Común (CLI), un compilador en tempo de execución (JIT), bibliotecas de clases que traballen baixo o Common Language Runtime (CLR).
  • Respaldado por Microsoft
  • Creación de ferramentas compatibles con .NET segundo as normas ECMA.

Fontes:

https://es.wikipedia.org/wiki/Proyecto_Mono

http://www.monobrasil.com.br/docs/getting-started/mono-basics/

Deixar un comentario