Que son os SAI e que tipos hai

salicru_sps_one_900va_sai

Un SAI (Sistemas de Alimentación Ininterrumpida), ou tamén coñecidos por UPS (Uninterruptable Power Supply) é un dispositivo que funciona con baterías e permite seguir mantendo a alimentación electrica á rede cando esta falla por algún motivo. Estes sistemas só manteñen a alimentación durante un tempo límitiado, normalmente é moi curto, dende uns minutos a unhas horas, todo dependerá de canto se teña invertido nestes sistemas.

Dentro dos SAIS  ou UPS hai varios tipos:

Off-line: Non filtran a corrente eléctrica polo que non serve para cando haxa sobrecargas. En canto a rede falle comezará a usar suministrar a enerxía que está nas súas baterías. Usados en: zonas estables con poucas perturbacións, pequenas instalacións.

 

In-line(interactivos): Funciona igual que off-line pero dispón de filtros  regulan a tensión de saída. Cando hai un corte comezan a usar case ao momento para evitar que os PCs se apaguen. Usados en: ordenadores persoais, consolas, equipos de oficina e maioría de dispositivos.

 

On-line: Realiza doble conversión da enerxía electrica que recibe. Sempre proporciona enerxía eléctrica directamente dende as súas baterías que se cargan de forma continúa á rede eléctrica. Usados en: servidores, instalacións informáticas…

 

Fontes:

http://todosai.com/Que-proteccion-necesito

http://www.rackonline.es/content/que-es-un-sai-y-tipos-de-sai

http://www.dns-system.es/que_es_un_sai.php