Topoloxías físicas nunha rede de área extensa (WAN)

As topoloxías físicas máis comúns para as redes WAN son tres: estrela, malla, punto a punto. Debemos ter en conta que o termine de rede estrela nas redes LAN tamén é usado para as redes WAN, aínda que nalgunhas biografías refírense a ela como Hub-And-Spoke.

Topoloxía Punto a Punto: enlace entre dous terminais.

Topoloxía Malla Completa: tódolos dispositivos están conectados entre si. Este tipo de rede é de alta dispoñibilidade, porén, o seu custe é mou elevado.

Topoloxia en Estrela (Hub and Spoke): os dispositivos finais están conectados a un dispositivo central. Igual que na LAN.

Topoloxías físicas nunha rede de área local (LAN)

En redes as topoloxías físicas describen as interconexións entre tódolos dispositivos finais. Isto quere dicir que teremos un esquema onde poderemos ver as conexións entre un switch cun router e cos equipos finais.

Dispomos de catro tipoloxías para establecer as conexións nunha rede LAN: bus, anel, estrela e estrela estendida (tamén chamada híbrida).

Topoloxía en estrela: dos dispositivos finais conéctanse a un dispositivo intermedio, como por exemplo un switch.

Topoloxía en estrela estendida: dúas redes en estrela conectadas entre si por dispositivos intermedios.

Topoloxía en bus: non usa dispositivos intermedios, tódolos dispositivos finais conéctanse a un único bus, ao mesmo bus de comunicación. Terminan en cada estremo.

Topoloxía en anel: os dispositivos finais forman un anel, cada dispositivo conectase a outros dous.