Documental: Nodo 50 Error en el Sistema

Nodo 50 é un provedor de servizos de internet sen ánimo de lucro orientando aos movementos sociais. Naceu no ano 1994 e dende entón aloxan máis de 1.100 organizacións nos seus servidores.

Actualmente contan con 11 servidores para poder dar servizo a todos as organizacións. Neses servidores hai máis de 3200 buzóns de correo por onde pasan 220.000 mensaxes diarios, preto de 600 bases de datos, numerosas radios en internet e 72GB en páxinas web.

Fai uns anos por motivos políticos tiveron que levarse a súa infraestrutura fóra, aproveitaron e realizaron unha pequena curtametraxe que apenas pasa dos 15 min e que esta moi ben tanto a nivel técnico, por como tiveron que desprazar todo os servidores como polas cuestións políticas relacionadas coa neutralidade na rede.