Ver de forma rápida os equipos que hai nunha rede con Zenmap

Se queremos coñecer todos os equipos que hai nunha rede á que estamos conectados e que estean dentro do mesmo rango da nosa rede, podemos usar a ferramenta Zenmap de  Nmap, especializada con escaneo de redes.

Zenmap non só permite facer un escaneo dentro do rango dunha rede á que previamente estamos conectados, senón tamén atopar que portos hai abertos nos equipos en referencia ao servizos que usan e toda unha serie de ferramentas que nos permiten obter posibles vulnerabilidades.

Este é un exemplo sinxelo, no que só imos ver os equipos conectados e algúns dos servizos activos cos portos abertos.

Situación: Creamos unha rede interna con Virtualbox, un cliente Windows 7 (192.168.1.2/24) onde instalaremos Zenmap e outro cliente con Ubuntu (192.168.1.2/24). Configuraremos unha IP manual para cada un.

Recordade: sempre realizar ping entre os equipos para garantir que se vexan.

Descargamos Nmap e executamos o instalandor.

001

Deixaremos as opcións marcadas por defecto e seguimos.

Selección_026

Unha vez finalice a instalación accedemos a Nmap

002

Target: engadimos a IP coa súa máscara correspondente para que saiba cal é o rango da rede que imos a escanear.

Command: o comando que usa nmap, este comando tamén o poderiamos usar nun terminal de Windows.

Profile: tipo de escaneo, neste caso marcaremos Regular scan aínda que podemos seleccionar Intense scan ou o que queiramos.

Selección_027

Unha vez realizado o escaneo vemos que atopou os dous equipos. Agora podemos navegar polas pestañas de Nmap Output, Ports/hosts…

Selección_030

Nmap Output: información obtida unha vez seleccionemos no Panel da Esquerda o equipo que queiramos ver.

Selección_031

Ports / Hosts:  portos abertos asignados a un servizo.

Selección_032

Topology: podemos ver de forma gráfica a rede

Selección_035

Scans: o historial que fixemos de scans

Podedes saber máis desta ferramenta en: http://nmap.org/book/man.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s