Configurando un RAID-1 nun NAS D-Link dns-343

IMG_20150304_203214

Fai unhas semanas estivemos facendo prácticas cun NAS D-Link dns-343. Este modelo de NAS permite facer RAID 0, 1, 5, JBOD e Standard. Ten unha entrada USB e unha de rede a 10/100/1000. Tamén conta cunha pequena pantalla (coa tecnoloxía OLED display) onde podemos ver cal é a IP do NAS para poder acceder dende a rede e permite usar até 4 discos.

IMG_20150304_202426

O seu tamaño é relativamente pequeno, semellante a outros modelos da mesma gama, 5.1” x 7.9” x 7.2” nas fotos o apreciades mellor.

Comezamos:

O primeiro que temos que facer é conectar o NAS á rede onde nos atopamos,  no caso de que o equipo dende onde imos acceder a súa configuración non se atope na mesma rede que o NAS -posto que por defecto trae unha configuración cunha IP estática-, deberemos colocarnos na mesma rede.

Podemos mudar esa configuración para que reciba a IP a través do noso servidor DHCP -no caso de que teñamos un instalando-, por tanto o ideal sería facer unha reserva de IP para o NAS.

Se queremos facer un RAID-1, que será o noso exemplo, necesitamos que o NAS teña dous discos xa que ese sistema funciona así.

1

Accedemos ao seu Panel de Control, tal e como explicamos anteriormente. Dende un navegador. Escollemos a opción personalizada de configuración. Podemos ver tamén os discos que temos no NAS. Escollemos RAID 1.

a

Deixamos a opción de Enabled para que constrúa os discos de forma automática.

b

Escollemos o formato da partición, neste caso EXT 2 (non hai NTFS).

c

Capacidade do RAID 1, para que non tardase moito escollimos só 1 GB e así poder facer o exemplo. Cómpre destacar que cada disco é de  500 GB, polo tanto co restante (dos dous discos) vai crear un volume JBOD.

d

Imos ver o progreso do formato nos dous discos, agardamos un chisco…

f

Finalizou o proceso  de formato

Agora que temos o RAID1 listo, imos acceder dende o noso equipo  aos discos que acaba de crear. Aínda que agora imos usar o cd co software que trae o NAS, coa utilidade D-Link Search Utility, aínda que tamén podemos conectarnos directamente a eles sabendo o nome do recurso compartido sen necesidade do software.

h

Sae o aviso de seguridade do Firewall de Windows, temos que darlle a Permitir Acceso.

i

Automaticamente o software D-Link Easy Search detecta o NAS, a súa IP e o nome do volumes que xuntos fan o  RAID1.

j

Seleccionamos un, podemos asignarlle a letra que queiramos e os montamos.

k

Podemos ver que no saen tres discos. O Volume_1 por duplicado, que sería o RAID1. e o Volume_2 é un JBOD, ou sexa a suma de todo o espazo que nos quedou baleiro despois de asignarlle 1GB ao RAID1.

l

Xa temos o noso RAID-1 funcionando!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s