Usando VeraCrypt para cifrar contido nun pendrive

Que pasa se necesitamos ter material sensible dentro dun pendrive e queremos telo protexido, en especial en caso de roubo ou pérdida.

A solución chega da man de VeraCrypt un software cunha interfaz gráfica moi sinxela que permite encriptar dende unha unidade enteira até crear contedores, onde VeraCrypt xerará un novo volume (que en verdade non será tal) para que só outra persoa con VeraCrypt poida abrir ese contido. Sempre que saiba a clave que puxemos, claro está.

Imos a realizar a práctica. Neste caso necesiamos un espazo no pendrive onde poidamos ter o que necesitemos encriptado. Para iso non imos encriptar toda a unidade, reservaremos só un espazo -o que nos queiramos- e crearemos un Contedor, que só podrá ser usado a través deste programa.

Existen versións para Windows/Linux e Mac. Descargamos o programa dende a web e podemos instalalo no noso PC ou activar a casilla de portable para poder levalo a onde queiramos.

1_sad

Executamos o programa dámoslle a Create Volume, despoies crearemos un contedor encriptado.

2_sad

Creamos o lugar onde queremos crear o contedor encriptado. Para iso cubrimos o campo nome e en Tipo: VeraCrypt Volume.

3_sad

Agora vainos preguntar que tipo de algoritmo queremos para encriptar, tamén podemos seleccionar o Hash. Podemos deixalo por defecto ou escoller outros.

4_sad

Como xa expliquei máis arriba, usaremos o espazo que estimamos oportuno.

5_sad

Escollemos o contrasinal

6_sad

Seleccionamos o formato que lle queremos dar. Deixamos por defecto e picamos en Format

7_sad

Dependendo do tamaño e varios tardará máis ou menos.

8_sad

Unha vez creado, podemos ver que o contedor que creamos chámase encriptado -o cartafol a encriptar non serve para nada disto, simplemente ten contido que logo vou meter dentro de encriptado-.

Windows non sabe como usar o que acabamos de crear, e nós necesitamos acceder a él para gardar o contido protexido.

9_sad

Unha vez creado o volume, que foron todos os pasos anteriores. Imos a montalo, pero non dende Windows como se fose unha partición normal, temos que montalo obrigatoriamente dende VeraCrypt, pois como xa dixen non se trata dunha partición real.

Seleccionamos o arquivo encriptado, seleccionamos a letra da unidade para poder montalo e ter acceso, por último picamos en Mount.

10_sad

Agora é a quenda de introducir a password.

11_sadPodemos ver que o cartafol encriptado estaba dentro da unidade F: e agora aparece outra unidade nova montada en Z: como se fose un pendrive máis.

Agora, unha vez montado con VeraCrypt, si podemos acceder a el de forma normal. Ou sexa, a Z: onde engadiremos o contido.

12_sadSe queremos desmontalo, recordade, non hai que usar o xestor de particións de Windows nin nada diso… hai que facelo tamén dende Veracrypt.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s