Como obter un certificado dixital

Cada vez podemos acceder a máis trámites da  Administración Pública sen necesidade de ir in situ o que nos facilita bastante moitas xestións, pero sobre todo proporcionanos moita comodidade ao aforrarnos tempo.

Se tivésemos instalado  no noso PC un  tector de tarxetas para poder usar o  DNIe xa non sería necesario obter o o Certificado Dixital, aínda que segue sendo recomendable, pero diso falarei  noutro artigo.

Para comezar temos que saber que cando unha Administración Pública usa as novas tecnoloxías para estes trámites referímonos a ela como e-Administración ou Administración Electrónica.

Que é o Certificado Dixital?

Un ficheiro  informático emitido por unha Autoridade  Certificadora,  onde acredita quenes somos. Na vida real  usamos o  DNI, que contén uns datos de identidade, este documento  non o pode facer calquera empresa/asociación, o DNI é emitido polo  Estado, quen valida  que a nosa identidade sexa real.

Como funciona o  sistema ?

Un Certificado Dixital usa un sistema criptográfico coñecido como Criptografía Asimétrica usando por tanto un método criptográfico  (algoritmos matemáticos). Podedes saber máis sobre este proceso aquí https://www.cert.fnmt.es/curso-de-criptografia/criptografia-de-clave-asimetrica

Requisitos previos

Selección_069

En España o Certificado Dixital  obtémolo a través da FNMT (Fábrica Nacional de Moneda y Timbre), que é unha Autoridade Certificadora. A FNMT ten varios tipos de certificados (Persoa Física, Persoa Xurídica…) neste caso usaremos o de Persoa Física

Antes de nada temos que ter en conta estes puntos, posto que imos solicitar o noso certificando a través de software e non usando o DNIe ou un lector de tarxetas, opcións permitidas pola FNMT:

Requisitos previos que debemos cumprir:

  • Non formatear o ordenador entre o proceso de descargar e solicitude do certificado
  • Hai que realizar todo o proceso dende un mesmo navegador, mesmo equipo e mesmo usuario
  • Non instalar actualizacións do equipo mentres realizamos o proceso
  • En ocasións é necesario desactivar o antivirus
  • Ler a Declaración de Prácticas de Certificación onde se atopan as condicións baixo as cales presentase ese servizo

Navegadores soportados :

Entramos na en https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados e podemos acceder dende o Panel da dereita ou o da esquerda. Imos escoller o da esquerda, seguimos os pasos da imaxe

Selección_062

Seleccionamos Persoa Física -> Software (se tívesemos un DNIe poderíamos escoller a opción equivlante, o mesmo coa Tarxeta como xa dixemos)

Selección_064

Se realizamos o proceso en Windows a propia FNMT facilítanos un configurador automático que chamado Configurador FNMT-RCM

Selección_065

Descargamos o programa dende un usuario que teña privilexios de administrador. Se queremos facelo de forma manual sen instalar o programa ou  usando outro sistema podedes ler os detalles aquí.

Selección_066

Unha vez instalando pedirá que reiniciemos o equipo.

Solicitar o Certificado Dixital

Dende o mesmo navegador co que baixamos o programa accedemos a https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica/obtener-certificado-software/solicitar-certificado onde teremos que introducir o noso DNI para poder solicitar o certificado, que nos dará un código de solicitude.

Confirmando a nosa identidade

Como xa expliquei ao comezo, temos que acreditar quen dicimos ser. Para iso temos que ir in situ até unha oficina da FNMT ou tamén ás oficinas da Seguridade Social e Delegacións e Administracións da Axencia Tributaria, polo que imos ter moitísimos sitios.

Selección_067

Podemos buscar os sitios máis cercanos a través da súa web.

Requisitos para confirmar a nosa identidade:

  • DNI

Finalizando o proceso

Unha vez teñamos confirmada a nosa identidade, en cuestión dun par de horas podedemos acceder co código que nos deron a web da FNMT para descargar o noso Certificado. (recordade: sempre dende o mesmo navegador).

Instalar/importar o Certificado

Agora xa non é necesario usar o mesmo navegador, podemos instalalo onde queiramos.

Dependendo do navegador teremos que ir a un sitio ou a outro. As recomendacións da FNMT son as seguintes:

Selección_068

No meu caso, este é o certificado que teño instalando en Firefox. Podedes ver que en nome do certificado aparece FNMT, os campos loxicamente están pixelados. Dende esa xanela podemos importar outro certificado (podemos usar varios) ou facer unha copia en formato .p12 ou tamén en .pfx que sería a versión de Microsoft (ambos tipo PKCS12), ambos gardarían a clave pública e privada, mentres que .cer (tipo X.509) que nos proporciona a FNMT sería a clave pública.

Borrar o certificado dixital

Temos tres opcións, se estamos en posesión do certificado podemos borralo a través da propia web da FNMT ou chamando por teléfono. No caso de que por diferentes motivos xa non o temos no noso equipo -roubo, pérdida…- temos que ir até unha das oficinas.

Actualizar o certificado dixital

Podemos realizar a renovación dende a web da FNMT nuns sinxelos pasos. Só se poderá facer desta forma cos navegadores Internet Explorer e Mozilla Firefox (non soportadas as versións 33.0 a la 34.0 polo menos mentres escribo o artigo).

Ver o estado do certificado

Se queremos verificar o seu estado ou modificar os nosos datos podemos facelo dende a propia web.

Onde podo usalo? (algúns exemplos, hai moitos)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s