Que é a Deep Web ?

iceberg

A punta do iceberg sería Internet Superficial e o que esta mergullado a Internet Profunda

Cada vez escoitamos máis veces falar da Deep Web nos medios de comunicación e aínda así  a maioría da xente segue sen saber moi ben de que vai o tema. Isto pasa porque cada vez que sae algunha noticia da Deep Web case sempre é superficial ademais de estar asociada a condutas delitivas.

Pero para comezar a falar da Deep Web, coñecida tamén por Internet Profunda (entre outras) temos que entender que a denominada Internet Superficial -pola que navegamos os usuarios comúns- é o contido que os buscadores indexan nos seus resultados. Ou sexa, todo o que Google, Bing, Yahoo e tantos outros nos devolven cando lle preguntamos por algo. A Internet Profunda sería todo o contrario, non teríamos forma de acceder a ela a través deses buscadores , pero si contan con bastantes directorios. Estímase que o seu contido sería 500 veces maior ca Internet Superficial.

Actualmente, se buscamos sobre a Internet Profunda atoparemos decenas de artigos falando de diferentes niveis, algúns sitios falan de até 8. Porén, non hai que fiarse por esas fontes aínda por infografías moi elaboradas que teñan, a maioría mesturan niveis. Ben é certo que todas coinciden en separar o nivel un (Internet Superficial) do resto dos niveis -incluídos todos na Internet Profunda- e a medida que vai aumentado o número cousas máis “ocultas ou delitivas” hai neles, repito, segundo esas fontes de dubidosa credibilidade.

Por poñer un exemplo, nalgúns lados engaden os servizos de descargas de arquivos nun nivel 2 (Internet Oculta) cando moitos están na Internet Superficial, tamén fan o mesmo con certo tipo de webs que incluso cualificaron  de ilegais, mesturando todo o tema para que a xente pense que a única diferencia esta entre contido ilegal(Internet Oculta) e contido legal (Internet Superficial).

Agora que deberíamos ter claro algunhas cousas, vou a poñer algúns exemplos dos  motivos da existencia da Internet Profunda e por tanto, porque temos que deixar de ter tanto medo,  veremos que non son cousas nada raras:

  1. Cando creamos unha páxina web privada e non queremos que ningún buscador a indexe
  2. Documentos en formatos non indexables
  3. Páxinas con imaxes, fotos, arquivos que apenas conteñen texto
  4. Páxinas que por diferentes motivos non poden aparecer nos buscadores (xa sexa porque conteñen contido ilegal ou ben porque o goberno dun determinado país ten restrinxido ese contido).
  5. Bases de datos internas

En definitiva, non temos que caer na criminalización da Internet Profunda só porque sexa contido que non estea indexado nos principais buscadores. Temos que entender que a tecnoloxía esta aí,  dependerá da xente que a use se é para algo delitivo ou non e  iso vai pasar tanto na Internet Profunda como na Internet Superficial.

Noutro artigo falarei sobre Thor, que é un servizo máis dentro da Internet Profunda.

Imaxe:

https://www.flickr.com/photos/pere/523019984/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s