Principios da Seguridade Informática

Estou seguro de que case todo o mundo que usa as novas tecnoloxías escoitou algunha vez falar da seguridade informática,.

Os medios de comunicación cada vez falan máis da seguridade informática, case todos os días se ollamos varios xornais, xa sexan impresos ou onlines -non falo de medios especializados na seguridade informática– veremos como se fan eco de novos virus ou métodos usados para realizar fraudes electrónicos. Incluso algúns destes medios chegan a facer especiais sobre este tema, polo que non é raro ler entrevistas a expertos en seguridade informática ou hackers.

Para  facer un breve inicio nesta materia, temos que entender a seguridade informática segundo INFOSEC  Glossary 2000 “Seguridade informática son as medidas e controis que aseguran a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos activos dos Sistemas de Información, inclúindo hardware, software, firmeware e aquela información que procesan, almacenan e comunican”.

Dentro da seguridade informática temos uns obxectivos, coñecidos tamén por CIDAN (vou a numeralos en orden de preferencia):

  1. Dispoñiblidade: Que accedan a información  só os usuarios autorizados, e que poidan acceder cando o necesiten.
  2. Confidencialidade: Que a mensaxe chegue só ao  seu destinatario. Ou sexa; que a información estea dispoñible só para as persoas autorizadas.
  3. Integridade: Que os datos non foron modificados dende a súa creación sen autorización.
  4. Autenticación: Que os datos sexan de quen din ser.
  5. Non repudio: Garantizar a participación das dúas partes na comunicación (emisor-receptor).
    1. Non repudio en orixe: emisor non pode negar o envío da mensaxe.
    2. Non repudio en destino: receptor non pode negar que recibiu a mensaxe.

Podedes saber máis en: https://www.incibe.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s