Tipos de copias de seguridade: completa, incremental e diferencial

sdc_COPIAS

Levamos varias clases falando sobre as diferentes copias de seguridade que hai e tamén sobre que programas usar. Antes de nada, anímovos a pasar polo blogue dun compañeiro de clase onde conseguiu unhas boas imaxes para explicar de forma gráfic a o proceso. Asi que comezado polo principio vou a falarvos dos tipos de copias que hai:

Copia Completa: Neste tipo de copia copiamos todos os arquivos (no propio momento) cada vez que fagamos a copia. Loxicamente, só copia os arquivos seleccionados. Aínda que é recomendable ter unha  copia completa, veremos que este tipo vai a facerse moi pesado se temos que realizar a mesma tarefa todos os días, ou incluso varías veces nun mesmo día.

Copia Diferencial: Primeiro fai unha copia completa, e a partir dela realiza as copias só dos arquivos modificados dende esta última copia (para iso usa a data/hora  para comparar os arquivos).  Ou sexa; sempre guía pola copia completa. Este método quizais sexa o máis útil, porén, ocupa máis espazo que unha incremental.

Copia Incremental: Ao igual que a diferencial, primeiro realiza unha copia completa e logo copia só os arquivos modificando sempre, dende a última copia incremental. (igual que a diferencial, usa a data/hora para comparar) Ou sexa; Copia Completa, Copia incremental, Copia incremental da incremental, e así sucesivamente. O que bo que ten este método e que aforra espazo nas copias.

Ademas destes tipos de copias, podemos seleccionar a programación: diaria, semanal, mensual… á hora que queremos que se realicen.

O ideal é realizar unha convinación destas copias xunto coa programación. Por exemplo, se fose nunha empresa moi pequena, poderíamos usar:

  • Unha copia completa unha vez a semana.
  • Unha copia Diferencial todos os días.

Fonte:

http://searchdatacenter.techtarget.com/es/cronica/Copia-de-seguridad-completa-incremental-o-diferencial-como-elegir-el-tipo-adecuado

http://msdn.microsoft.com/es-es/library/cc784306%28v=ws.10%29.aspx

https://blogsad2014.wordpress.com/2014/11/13/copia-de-seguridade-ou-backup/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s