Alguén espía aos manifestantes de Hong Kong

Dende hai unhas semanas veñen acontecendo unha serie de manifestacións en Hong Kong para pedir máis democracia, supoño que todos e todas estaredes ao tanto porque esta en tódolos medios de comunicación.

Dende logo non escribiría iso neste blogue senón fose porque a  empresa Lacoon Mobile Secuirty vén de anunciar o descubrimento dun spyware en iOs  que se divulgou por WhatsApp. Coñecido como Xsser mRAT e que serve para obter numerosa información dos teléfonos móbiles dos usuarios que se vexan infectados: información do teléfono, SMS, emails, mensaxería instantánea, usarnames e passwords, listado de chamadas e información de contactos.

Xsser mRAT foi descuberto tamén para Android   e realiza as mesmas funcións. Ademais, ambas versións parecen comunicarse cos mesmos servidores centrais, por iso dende Lacoon Mobile Security apuntan a que o software fose creado por algún Goberno (referíndose a China) ou unha empresa moi importante.

FORMA DE INFECTARSE

O spyware espállase a través dun mensaxe para Whastapp en ambas versións,   “Check out this Android app designed by Code4HK, group of activist coders,  for the coordination of Occupy Central!” como pode lerse, convidan a instalar unha aplicación creada por un grupo de hackers activistas para coordinar as concentracións.

Só os móbiles dos usuarios que fixeran jailbroken nos seus terminais iOs -proceso polo que se pode tomar o controlar total do sistema iOs para instalar calquera aplicación ou modificación- poden instalalo.

En Android  Xsser mRAT descárgase en formato .apk, non de ningunha plataforma de aplicacións como Google Play Aínda así calquera usuario que lle dea permiso pode instalar a aplicación.

Eliminar o spyware

Dende o grupo Code4HK anuncian que eles non foron os creadores e poñen a disposición da comunidade software para poder eliminar o spyware.

View Fake Code4HK Mobile App on Hackpad.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s